martes, 10 de enero de 2012

2ª Etapa de Promoción da Praza de Abastos de Crecente

COMPRAR NA PRAZA DE ABASTOS DO CONCELLO DE CRECENTE TEN PREMIO!!

Entre os días 9 e 20 de Xaneiro de 2012, os clientes do mercado municipal de Crecente recibirán un cupón por cada acto de compra. Énchaos co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número do posto do seu praceiro preferido/a favorito/a e deposite o cupón na urna instalada no propio mercado.

O día 20 de Xaneiro procederase á elección ao azar de tres cupóns, que se corresponderán con tres clientes agraciados con cheques de compra desa quincena, por valor de 75, 50 e 25 €.

Os cheques que gañen os clientes serán cambiables únicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras. A validez destes cheques caducará o 28 de febreiro.

Esta segunda etapa da campaña de promoción das prazas de abastos " Este ano 2011 presume tamén de praceiro/a" é unha iniciativa da Xunta de Galicia coa colaboración da Asociación de Comerciantes e o Concello de Crecente para a súa organización.