viernes, 17 de febrero de 2012

O PORTAL DO COMERCIANTE GALEGO: 
Directamente á información!! 




 O Portal do Comerciante Galego trátase dunha vía online impulsada pola Consellería de Economía e Industria, con contidos relacionados coa área do comercio e destinados a mellorala competividade do comercio retallista e a facilitala creación de novos negocios.

Os comerciantes poden acceder a información relevante para o sector, realizar consultas e estar en contacto coa Administración dun xeito doado e rápido na procura de solucións.

As principais seccións coas que conta a páxina son:
  • O recuncho do emprendedor
  • Un espazo para o comerciante
  • Un área para asociacións
  • O comercio artesán
  • Un espazo para o comercio
  • Un área de consumo 
  • Un espazo para as prazas de abastos

Ademáis, a páxina ofrece unha serie de servizos interactivos, abertos a participación permanente dos comerciantes e consumidores:

      ·  O servizo de Consultoría Online  para realizar consultas e plantexar dúbidas que serán atendidas de forma   
            rápida por expertos da Dirección Xeral de Comercio.
       
        ·  Unha ferramenta de análise e autodiagnose para realizar auditorías de cara a mellorar o seu potencial como   
           emprendedor.
       
        ·  E por suposto, estamos presentes en Facebook e Twitter, co obxectivo de completar a imprescindible dinámica 
           de interacción que debe establecerse entre usuarios e institucións.
  
        ·  Tamén atopará un calendario  con información actualizada dos eventos relacionados co sector do comercio en 
            toda Galicia, con indicación de prazos das ordes de subvencións e outros trámites administrativos de interese.
  

A dirección web para acceder ó Portal do Comerciante Galego é:


GAÑADORES DO 2º SORTEIO DA CAMPAÑA "ESTE ANO 2011 PRESUME DE PRACEIRO" LEVADO A CABO NO CONCELLO DE CRECENTE O DÍA 20 DE XANEIRO

O día 20 de Xaneiro do ano vixente, levouse a cabo na praza de abastos do Concello de Crecente o 2º sorteio da campaña "Presume de Praceiro 2011" correspondente á súa segunda etapa ( entre o 9 e o 20 de Xaneiro). OS GAÑADORES FORON OS SEGUINTES:
         1º PREMIO: LUIS RODRÍGUEZ..............(75€)      
         2º PREMIO: ANTONIO GONZÁLEZ......(50€)             
         3º PREMIO: JULIO GARCÍA: ..................(25€)   
    


jueves, 16 de febrero de 2012

RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE CRECENTE


Firma do Convenio de Colaboración entre a Diputación de Pontevedra e a
 Asociación de Comerciantes no Concello de Crecente, o 20 de Outubro
de 2011
O pasado 23 de Decembro de 2011 aprobouse a prórroga do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes de Crecente.

Segundo esta prórroga o técnico de comercio,Victor Carballido Brea, que ven desempeñando dende  o 1 de Xullo de 2011labores de  dinamización comercial e aumento da representatividade das asociacións en Crecente , continuará a súa actividade ata o 30 de Xuño de 2012.

Esta acción desarróiase no marco dunha iniciativa impulsada pola Área de Comercio da Diputación de Pontevedra.