ARBITRAXE DE CONSUMO NO COMERCIO
A Arbitraxe de Consumo é un procedemento voluntario, gratuíto e eficaz para resolver conflictos de consumo sen necesidade de acudir á vía xudicial.
Trátase dunha garantía de calidade que reforza a confianza dos consumidores, que poderán acudir a este procedemento para resolvelos problemas.
Aquelas empresas e pequenos comercios que se adhiran ó Sistema Arbitral de Consumo contarán cun distintivo como este.
Na Oficina Provincial de Información ó Consumidor (OPIC) trabállase para promover a resolución extraxudicial mediando entre as partes para chegar a un acordo e, de ser o caso, derivando a reclamación á Xunta de Arbitral de Consumo.
A Xunta Arbitral de Consumo esta composta por tres árbitros: un representa á Administración, outro ós empresarios e outro ós consumidores.
Os conflictos rematan cun acordo entre as partes ou coa resolución da Xunta Arbitral de Consumo, que , despois de escoitar o consumidor e o empresario, dita un laudo de obrigado cumprimenrto que ten oa mesmoa efectos ca unha sentenza.
O modo de adherirse os comercios e empresas a este Sitema Arbitral de Consumo poden ser de diferentes maneiras:
- Mediante a oferta pública de sometemento ó Sistema Arbitral de Consumo, dirixida ó presidente da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.
Con esta opción, que se pode ñlimitar, aceptan que os conflictos de consumo que se lles presenten se resolvan de este xeito se os consumidores o desexan.
Os establecementos contarán co distintivo de adhesión a este sistema.
- Aceptando este procedemento para solucionar un conflito concreto.
Para máis información sobre esta vía de mediación consultar no local da Asociación.